Nokia E75 - Nokia PC Suite

background image

Nokia PC Suite

Nokia PC Suite é un conxunto de aplicacións que pode

instalar nun PC compatible. Nokia PC Suite agrupa

todas as aplicacións dispoñibles nunha ventá do

lanzador dende a que pode executar as aplicacións.

Pode instalar Nokia PC Suite dende a tarxeta de

memoria do seu dispositivo.
Pode usar Nokia PC Suite para sincronizar contactos,

axendas, cousas por facer e outras notas entre o seu

dispositivo e unha aplicación de PC compatible como,

por exemplo, Microsoft Outlook ou Lotus Notes. Tamén

pode empregar Nokia PC Suite como favorito entre o

seu dispositivo e os navegadores compatibles, e

transferir imaxes e videoclips entre o seu dispositivo e

os PC compatibles.

Nota: Preste atención aos axustes de

sincronización. O borrado de datos como parte normal

do proceso de sincronización está determinado polos

axustes seleccionados.
Para usar Nokia PC Suite, necesita un PC co sistema

operativo Microsoft Windows XP (SP1 ou SP2) ou

19

Guía de

introdu

ció

n ráp

ida

background image

Windows Vista, e que sexa compatible cun cable de

datos USB ou con conectividade Bluetooth.
Nokia PC Suite non funciona con Macintosh.
Para obter máis información sobre Nokia PC Suite,

consulte as súas funcións de axuda ou o sitio web de

Nokia.

Para instalar Nokia PC Suite:

1. Asegúrese de que a tarxeta de memoria está

inserida no dispositivo Nokia E75 .

2. Conecte o cable USB. O PC recoñece o novo

dispositivo e instala os controladores necesarios.

Esta operación pode levar varios minutos.

3. Seleccione

Almacenaxe masiva

como o modo de

conexión USB no seu dispositivo. O seu dispositivo

aparece no explorador de ficheiros de Windows

como un disco extraíble.

4. Abra a raíz do controlador da tarxeta de memoria

co explorador de ficheiros de Windows e seleccione

a instalación de PC Suite.

5. Empeza a instalación. Siga as instrucións que

aparecen na pantalla.

Suxestión: Para actualizar o Nokia PC Suite, ou

se ten problemas ao instalar Nokia PC Suite

dende a tarxeta de memoria, copie o ficheiro de

instalación no PC, e inicie a instalación dende o

PC.