Nokia E75 - Configuración do correo electrónico

background image

correo electrónico

O seu dispositivo Nokia Eseries traballa tantas horas

coma vostede e ao mesmo ritmo. Manteña

sincronizado o seu correo, contactos e axenda de xeito

rápido a apropiado grazas ás conexións de alta

velocidade.
Cando configure o seu correo, é posible que se lle

solicite a seguinte información: nome de usuario, tipo

de correo, servidor de correo entrante, porto do

servidor de correo entrante, servidor de correo saínte,

porto do servidor de correo saínte, contrasinal ou

punto de acceso.
Co Asistente de correo electrónico pode configurar

contas de correo corporativas como Microsoft

Exchange, ou contas de correo na Internet, como os

servizos de correo de Google. O asistente admite

protocolos POP/IMAP e ActiveSync.
Se configura unha conta de correo electrónico

corporativa, contacte co departamento de informática

da súa empresa para obter máis información antes de

18

Guía de

introdu

ció

n ráp

ida

background image

comezar a configuración. Se configura o seu correo

electrónico na Internet, consulte os detalles na páxina

web do seu fornecedor de servizos de correo

electrónico.
Para abrir o asistente de correo electrónico, leve a cabo

o seguinte:
1. Na pantalla de inicio, seleccione o asistente de

correo electrónico.

2. Introduza o seu enderezo de correo electrónico e

contrasinal. Se o asistente non pode configurar

automaticamente os axustes de correo, seleccione

o seu tipo de conta e introduza os axustes

relacionados.

Suxestión: Se non ten configurada a caixa de

correo, prema a tecla de correo para iniciar o

Asistente de correo electrónico.

Se o seu dispositivo contén clientes de correo

adicionais, aparecerán cando inicie o Asistente de

correo electrónico.