Nokia E75 - Transferir contido

background image

Transferir contido

É posible utilizar a aplicación Cambio para copiar

contido como números de teléfono, enderezos,

elementos da axenda e imaxes do seu dispositivo

Nokia anterior ao novo.
O tipo de contido que se pode transferir depende do

modelo do dispositivo dende o que desexe transferir

contido. Se ese dispositivo admite a sincronización,

tamén será posible sincronizar datos entre os

dispositivos. O dispositivo notifícalle se o outro

dispositivo non é compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha

tarxeta SIM, pode inserir a súa tarxeta SIM nel. Se se

acende o dispositivo sen unha tarxeta SIM, o perfil

Desconectado actívase automaticamente e pódese

realizar a transferencia.

Transferencia de contido por primeira vez

1. Para recuperar datos do outro dispositivo por

primeira vez, no seu dispositivo, seleccione

Cambio

na aplicación de configuración do teléfono

ou seleccione

Menú

>

Panel de control

>

Cambio

.

2. Seleccione o tipo de conexión que desexa utilizar

para transferir os datos. Os dous dispositivos deben

admitir o tipo de conexión seleccionado.

3. Se selecciona a conectividade Bluetooth como tipo

de conexión, conecte os dous dispositivos. Para

facer que o teléfono busque dispositivos con

conectividade Bluetooth, seleccione

Continuar

.

Seleccione o dispositivo dende o que desexa

transferir contido. O teléfono solicitaralle que insira

un código no seu dispositivo. Introduza un código

(entre 1 e 16 díxitos) e seleccione

Aceptar

.

Introduza o mesmo código no outro dispositivo e

seleccione

Aceptar

. Os dispositivos están agora

vinculados.
É posible que algúns dispositivos de Nokia

anteriores non inclúan aínda a aplicación Cambio.

Neste caso, a aplicación Cambio enviarase ao outro

dispositivo en forma de mensaxe. Para instalar a

aplicación Cambio no outro dispositivo, abra a

mensaxe e siga as instrucións da pantalla.

4. No teléfono, seleccione o contido que desexe

transferir desde o outro dispositivo.
Unha vez iniciada a transferencia, pode cancelala e

continuar máis tarde.

O contido transfírese da memoria do outro dispositivo

á situación correspondente no seu dispositivo. O

tempo da transferencia depende da cantidade de datos

que se teñan que transferir.