Acerca de Quickoffice
Seleccione
Menú
>
Oficina
>
#Quickoffice
.
Quickoffice consta de Quickword para ver documentos
de Microsoft Word, Quicksheet para ver follas de
traballo de Microsoft Excel, Quickpoint para
presentacións de Microsoft PowerPoint e
Quickmanager para mercar software. Con Quickoffice
pode ver documentos de Microsoft Office 2000, XP,
2003 e 2007 (formatos de ficheiros DOC, XLS e PPT). Se
ten a versión do editor de Quickoffice, tamén pode
editar ficheiros.
Non se admiten todos os formatos de ficheiro nin todas
as funcións.