Aforro de enerxía
Unha vez cargada totalmente a batería e desconectado
o teléfono do cargador, desenchufe o cargador da toma
de corrente.
Para evitar cargar a batería tan a miúdo, faga o
seguinte:
• Peche e desactive as aplicacións, servizos e
conexións cando non as utilice.
• Reduza o brillo da pantalla.
• Configure o teléfono para que entre en modo de
aforro de enerxía tras un período mínimo de
inactividade, sempre que o seu teléfono dispoña
desta función.
• Desactive os sons innecesarios, como os do teclado
e chamada.