Nokia E75 - Descarga rápida

background image

Descarga rápida

O acceso para a descarga de datos por paquetes a alta

velocidade (HSDPA, tamén denominado 3.5G, indicado

mediante

) é un servizo de rede das redes UMTS e

fornece descargas de datos a alta velocidade. Cando o

soporte HSDPA está activado no dispositivo e este está

conectado a unha rede UMTS que admite HSDPA, a

descarga de datos como mensaxes, correos

electrónicos e páxinas do navegador a través da rede

móbil pode realizarse a maior velocidade. As conexións

HSDPA activas indícanse mediante . A icona pode

variar entre rexións.
Para activar ou desactivar HSDPA, seleccione

Menú

>

Panel de control

>

Axustes

e

Conexión

>

Paquetes

datos

>

Acceso paq. alta velocid.

. Algunhas redes

celulares non permiten chamadas entrantes cando

HSDPA está activo, polo que terá que desactivar HSDPA

para recibir chamadas. Para obter máis información,

póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para

obter máis información acerca da dispoñibilidade e a

subscrición a servizos de conexión de datos.

HSDPA só afecta á velocidade da descarga. O envío de

datos á rede, como mensaxes e correos electrónicos,

non se verá afectado.