Enviar e recibir datos con
Bluetooth
Seleccione
Menú
>
Panel de control
>
Conectivid.
>
Bluetooth
.
1. Cando activa a conexión Bluetooth por primeira
vez, solicítaselle que defina un nome para o seu
dispositivo. Póñalle un nome único ao dispositivo
para que sexa doado recoñecelo se hai varios
dispositivos Bluetooth.
2. Seleccione
Bluetooth
>
Activado
.
3. Seleccione
Visibilid. do meu teléfono
>
Amosado a todos
ou
Definir período
. Se
selecciona
Definir período
, terá que definir o
tempo durante o cal o seu dispositivo é visible para
outros. O seu dispositivo e o nome que lle puxo
poden ser vistos agora por outros usuarios que
posúan dispositivos equipados con tecnoloxía
Bluetooth.
4. Abra a aplicación onde se garda o elemento que
desexa enviar.
5. Seleccione un elemento e
Opcións
>
Enviar
>
Por
Bluetooth
. O dispositivo busca dentro do seu
alcance outros dispositivos Bluetooth e lístaos.
Suxestión: Se enviou datos usando
Bluetooth anteriormente, amosarase unha
lista cos resultados das buscas anteriores.
Para buscar máis dispositivos Bluetooth,
seleccione
Máis dispositivos
.
6. Seleccione o dispositivo co que desexa conectar. Se
o outro dispositivo realiza unha petición de
vinculación para poder transferir os datos,
pediráselle que insira un código.
Cando se establece a conexión, amósase a mensaxe
Enviando datos
.
O cartafol Enviados da aplicación Mensaxería non
almacena mensaxes enviados por medio de Bluetooth.
Para recibir datos usando a conectividade Bluetooth,
seleccione
Bluetooth
>
Activado
e
Visibilid. do meu
teléfono
>
Amosado a todos
para recibir datos dun
dispositivo non vinculado ou
Oculto
para recibir datos
só dende un dispositivo vinculado. Cando recibe datos
por Bluetooth, dependendo dos axustes dun perfil
activo, escóitase un son e pregúntaselle se quere
aceptar a mensaxe na que se inclúen os datos. Se
acepta, a mensaxe gardarase no cartafol da Caixa de
entrada da aplicación Mensaxería.
Suxestión: Pode acceder aos ficheiros gardados
no dispositivo ou na tarxeta de memoria
utilizando un accesorio compatible co servizo
File Transfer Profile Client (por exemplo, un
ordenador portátil).
A conexión Bluetooth remata automaticamente
despois do envío ou recepción de datos. Só Nokia PC
Suite e algúns accesorios, como por exemplo
auriculares, poden manter unha conexión aínda que
non se estean a utilizar.