Acerca de Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth integrada no dispositivo
permite realizar conexións sen fíos entre dispositivos
electrónicos nun espazo de 10 metros. A conexión
Bluetooth pódese empregar para enviar imaxes,
vídeos, texto, tarxetas de visita, notas da axenda ou
para conectarse sen fíos a dispositivos que utilicen a
tecnoloxía Bluetooth.
Dado que os dispositivos que empregan a tecnoloxía
Bluetooth utilizan ondas de radio, o seu dispositivo e
os outros dispositivos non precisan estar apuntando
uns cara aos outros. Os dous dispositivos só precisan
estar a unha distancia máxima de 10 metros, aínda que
a conexión pode estar suxeita a interferencias de
obstrucións como paredes ou dispositivos
electrónicos.
Pódense activar varias conexións Bluetooth á vez. Por
exemplo, se o seu dispositivo está conectado a un
auricular, tamén pode transferir ficheiros a outros
dispositivos compatibles á vez.
O dispositivo é compatible coa especificación
Bluetooth 2.0 + EDR que admite os seguintes perfís:
Distribución de audio avanzada, Control remoto de
audio/vídeo, Tratamento básico de imaxes, Impresión
básica, Identificación de dispositivo, Rede de
marcación, Transferencia de ficheiros, Distribución
xeral de audio/vídeo, Acceso xenérico, Intercambio
xenérico de obxectos, Mans libres, Dispositivo de
interface humana, Auriculares, Envío de obxectos,
Acceso a axenda de teléfonos, Porto serie e Acceso a
SIM . Para asegurar a interoperabilidade con outros
dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth,
utilice accesorios Nokia homologados para este
modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre a
compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth
aumentan o consumo de enerxía e reducen a duración
da batería.
136
Conect
ivi
dad
e