Coidado do dispositivo
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e
artesanía superiores e debe ser tratado con coidado.
As seguintes suxestións axudaranlle a conservar a
cobertura da garantía.
• Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a
humidade e todos os tipos de líquidos poden conter
minerais que produzan a corrosión dos circuítos
electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa
auga, retire a batería e agarde a que o dispositivo
se seque completamente antes de volver a colocala.
• Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares
sucios e poeirentos, xa que poderían producirse
danos nas súas pezas móbiles e nos compoñentes
electrónicos.
• Non garde o dispositivo a temperaturas elevadas ou
reducidas. As temperaturas elevadas poden reducir
a vida útil dos dispositivos electrónicos, danar as
baterías e deformar ou derreter determinados
plásticos. Cando o dispositivo regrese á súa
temperatura normal dunha temperatura reducida,
é posible que se forme humidade no interior do
mesmo e que se produzan danos nas placas dos
circuítos electrónicos.
• Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao
indicado nesta guía.
• Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un
manexo brusco pode producir a rotura das placas
dos circuítos e do mecanismo interno.
• Non utilice produtos químicos agresivos,
disolventes de limpeza nin deterxentes
concentrados para limpar o dispositivo. Utilice só un
pano seco, suave e limpo para limpar a superficie do
dispositivo.
• Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as
pezas móbiles e impedir o funcionamento axeitado.
• Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou
unha autorizada polo fabricante. A utilización de
antenas, modificacións ou accesorios non
autorizados pode danar o dispositivo e infrinxir a
lexislación que regula o uso de dispositivos de radio.
• Utilice os cargadores en lugares interiores.
• Cree unha copia de seguridade dos datos que desexe
manter, como os contactos e as notas do calendario.
• Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para
obter un rendemento óptimo, apágueo e retire a
batería.
Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo,
á batería, ao cargador ou a calquera accesorio.