batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A
batería deseñada para utilizarse co dispositivo é a
BL-4U. Nokia pode fabricar modelos de batería
adicionais para este dispositivo. O dispositivo está
deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores:
AC-8. O número exacto do modelo do cargador pode
variar dependendo do tipo de enchufe. O tipo de
enchufe pode ser un dos seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C,
K, ou UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces,
pero finalmente, desgástase. Cando a duración da
batería no modo de espera e durante as conversas
telefónicas se reduza considerablemente, substitúaa.
Utilice unicamente baterías autorizadas por Nokia e
recárgueas unicamente con cargadores autorizados
por Nokia deseñados para utilizarse con este
dispositivo.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non
se utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa
necesario conectar o cargador, desconectalo e volvelo
conectar para comezar a cargar a batería. Se a batería
está completamente descargada, é posible que teña
que esperar varios minutos para poder efectuar
chamadas e para poder visualizar o indicador de carga
na pantalla.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e
desconecte o cargador antes de extraer a batería.
Carga axeitada. Desconecte o cargador da toma de
corrente e do dispositivo cando non o utilice. Non deixe
unha batería completamente cargada conectada a un
cargador, xa que o exceso de carga pode reducir a súa
vida útil. Se non se utilizan, as baterías cargadas
perden a súa carga co paso do tempo.
Evite someter o dispositivo a temperaturas extremas.
Intente manter sempre a batería a unha temperatura
comprendida entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da
batería a temperaturas extremas reduce a capacidade
e a vida útil da mesma. É posible que o dispositivo non
funcione temporalmente se a batería está fría ou
quente. O rendemento da batería é especialmente
limitado a temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque curtocircuítos. É posible que se
produzan curtocircuítos accidentais se un obxecto
metálico, coma unha moeda, un clip ou un bolígrafo
provoca un contacto directo dos terminais positivo (+)
e negativo (-) da batería. (Os terminais teñen o aspecto
de tiras metálicas na batería). Isto pode ocorrer, por
exemplo, cando transporta unha batería de reposto no
peto ou no bolso. Os curtocircuítos nos terminais
poden danar a batería ou o obxecto que realiza o
contacto.
Como desfacerse da unidade. Non bote as baterías ao
lume, xa que poderían explotar. Respecte as
normativas locais no momento de desfacerse das
184
Batería
baterías. Recicle as baterías cando sexa posible. Non as
deposite en lugares destinados aos residuos
domésticos.
Fugas. Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre,
perfore nin triture as pilas nin as baterías. No caso de
que se produza unha fuga na batería, evite que o
líquido da batería entre en contacto coa pel ou os ollos.
Se isto sucede, lave as zonas afectadas
inmediatamente con auga ou acuda a un médico.
Danos. Non modifique, reconstrúa nin intente inserir
obxectos estraños na batería, nin a expoña ou somerxa
en auga ou outros líquidos. As baterías poden explotar
se están danadas.
Uso correcto. Utilice a batería unicamente para o uso
para o que foi deseñada. O uso non axeitado da batería
pode provocar un incendio, unha explosión e outros
perigos. Se deixa caer o dispositivo ou a batería,
especialmente sobre unha superficie dura, e cree que
a batería puido quedar danada, envíea a un centro de
servizo técnico para revisala antes de continuar
utilizándoa. Nunca utilice cargadores nin baterías
danadas. Manteña a batería fóra do alcance dos nenos.
Instrucións de
autenticación das
baterías de Nokia
Utilice sempre baterías orixinais de Nokia pola súa
seguridade. Para asegurarse de que está a mercar unha
batería orixinal de Nokia, mérquea nun distribuidor ou
nun centro de servizo técnico autorizado de Nokia, e
leve a cabo os seguintes pasos para comprobar se
presenta a etiqueta co holograma:
Holograma de autenticación
1. Cando mire ao holograma
situado na etiqueta, deberá ver
o símbolo no que se unen as
mans de Nokia dende un
ángulo e o logotipo de
accesorios orixinais de Nokia
se o mira dende o outro
ángulo.
2. Se inclina o holograma cara á
esquerda, dereita, abaixo e
arriba, debería ver 1, 2, 3 e 4
puntos en cada lado
respectivamente.
A correcta realización dos pasos
indicados non garante totalmente