seguridade do dispositivo e da tarxeta SIM.
•
Xestión de certificados
— Xestione os certificados
de seguridade.
•
Contido protexido
— Configure os axustes do
contido protexido mediante DRM.
•
Módulo seguridade
— Xestione o módulo de
seguridade.
Evite o uso de códigos similares aos números de
urxencia para evitar unha marcación accidental do
número de urxencia. Os códigos visualízanse como
asteriscos. Para cambiar un código, introduza o código
actual e dúas veces o código novo a continuación.
Seguridade do dispositivo e da
tarxeta SIM
Para cambiar o código PIN, seleccione
Teléfono e
tarxeta SIM
>
Código PIN
. O novo código debe ter de
4 a 8 díxitos. O código PIN protexe a súa tarxeta SIM
contra o uso non autorizado e vén subministrado coa
tarxeta SIM. Se insire o código PIN de xeito incorrecto
tres veces consecutivas, o código bloquearase e
necesitará o código PUK para desbloquealo antes de
poder utilizar a tarxeta SIM de novo.
Para facer que o teclado se bloquee automaticamente
despois dun período definido, seleccione
Teléfono e
tarxeta SIM
>
Temp. bloq. autom. tecl.
.
Para definir un tempo de espera despois do que o
dispositivo se bloqueará automaticamente e só se
poderá utilizar despois de inserir o código de bloqueo
correcto, seleccione
Teléfono e tarxeta SIM
>
Tempo bloq. autom. tlf.
. Insira un número para o
tempo de espera en minutos ou seleccione
Ningún
para desactivar o período de bloqueo automático.
Cando o dispositivo está bloqueado, pode recibir
chamadas entrantes e pode facer chamadas ao número
de emerxencia oficial programado no dispositivo.
Para fixar un código de bloqueo novo, seleccione
Teléfono e tarxeta SIM
>
Código de bloqueo
. O
código de bloqueo preestablecido é 12345. Insira o
código actual e, a continuación, o novo código dúas
veces. O novo código pode ter de 4 a 255 caracteres.
Pode empregar letras e números e admítense tanto
letras maiúsculas coma minúsculas. O dispositivo
avisarao se o código de bloqueo non ten o formato
correcto.
158
Axust
es