Nokia E75 - Axustes de chamada

background image

Axustes de chamada

Seleccione

Menú

>

Panel de control

>

Axustes

e

Teléfono

>

Chamadas

.

Seleccione entre as seguintes opcións:

Envío do número propio

— Para amosar o seu

número de teléfono á persoa á que está a chamar.

Enviar ID cham. Internet

— Permite amosar o

enderezo de chamadas da Internet á persoa á que

está a chamar utilizando unha chamada da Internet.

Chamada en espera

— Para que o dispositivo lle

avise de chamadas entrantes mentres estea

ocupado noutra chamada (servizo de rede).

Cham. Internet en espera

— Permite axustar o

dispositivo para que lle avise das chamadas da

Internet entrantes novas que se reciban mentres

está ocupado nunha chamada.

Aviso chamada Internet

— Para axustar o

dispositivo para que lle avise das chamadas da

Internet entrantes, seleccione

Activado

. Se

selecciona

Desactivado

, só recibirá un aviso de se

producir unha chamada perdida.

Rexeitar chamada mens.

— Permite rexeitar unha

chamada e enviar unha mensaxe de texto ao

remitente desa chamada.

Texto da mensaxe

— Permite escribir a mensaxe

de texto estándar que se enviará ao rexeitar unha

chamada.

Vídeo propio á cham. ent.

— Para permitir ou

rexeitar o envío de vídeo durante unha

videochamada feita dende o seu dispositivo.

Imaxe en videochamada

— Para amosar unha

imaxe fixa durante unha videochamada cando non

se envía vídeo.

Rechamada automática

— Permite configurar o

dispositivo para que realice un máximo de 10

intentos para conectar a chamada despois dun

intento de chamada sen éxito. Para deter a

rechamada automática, prema a tecla fin.

Amosar duración cham.

— Permite amosar a

duración dunha chamada durante a mesma.

Resumo tras chamada

— Permite amosar a

duración dunha chamada despois da mesma.

Marcación rápida

— Permite activar a marcación

rápida.

Calquera tecla responde

— Permite activar a

resposta mediante calquera tecla.

Busca de contactos

— Permite activar a busca de

contactos na pantalla de inicio.

Liña en uso

— Este axuste (servizo de rede) só se

amosa se a tarxeta SIM admite dous números de

subscritor, é dicir, dúas liñas de teléfono. Seleccione

que liña de teléfono desexa utilizar para facer

chamadas enviar mensaxes de texto. As chamadas

de ámbalas dúas liñas poden responderse sen ter en

conta a liña seleccionada. Se selecciona

Liña 2

e non

se subscribiu a este servizo de rede, non poderá

realizar chamadas. Cando se selecciona a liña 2, na

pantalla de inicio aparece .

160

Axust

es

background image

Cambio de liña

— Permite impedir a selección de

liñas (servizo de rede), sempre que a tarxeta SIM

admita esta opción. Para cambiar este axuste,

necesita o código PIN2.