Crear un punto de acceso novo
Seleccione
Menú
>
Panel de control
>
Axustes
e
Conexión
>
Destinos
.
É posible recibir os axustes do punto de acceso nunha
mensaxe dun fornecedor de servizos. Algúns ou
tódolos puntos de acceso poden preestablecerse para
o dispositivo polo seu fornecedor de servizos e pode
que non sexa posible cambialos, crealos, editalos ou
eliminalos.
Cando selecciona un dos grupos de puntos de acceso
( , , , , ), pode ver os tipos de puntos de
acceso:
indica un punto de acceso protexido
indica un punto de acceso de paquete de datos
indica un punto de acceso LAN sen fíos (WLAN)
Suxestión: Pode crear puntos de acceso á
Internet nunha WLAN co asistente de WLAN.
Para crear unha punto de acceso novo, seleccione
Punto de acceso
. O dispositivo solicita a
comprobación das conexións dispoñibles. Despois da
busca as conexións que xa están dispoñibles amósanse
e poden ser compartidas por un punto de acceso novo.
Se ignora este paso, solicitaráselle que seleccione un
método de conexión e que defina os axustes
necesarios.
Para editar os axustes dun punto de acceso, seleccione
un dos grupos de puntos de acceso, desprácese ata un
punto de acceso e seleccione
Editar
. Use as instrucións
subministradas polo seu fornecedor de servizos para
editar as seguintes opcións:
•
Nome da conexión
— Permite inserir un nome
para a conexión.
•
Portador de datos
— Seleccione o tipo de conexión
de datos.
Dependendo da conexión de datos que seleccione, só
estarán dispoñibles determinados campos de axustes.
Encha todos os campos marcados con
Cómpre
definir
ou cun símbolo * vermello. É posible deixar en
branco outros campos, excepto se o fornecedor de
servizos indica o contrario.
Para utilizar unha conexión de datos, cómpre que o
fornecedor de servizos admita esta función e, se é
necesario, a active para a súa tarxeta SIM.