
Axustes de paquetes de
datos (GPRS)
Seleccione
Menú
>
Panel de control
>
Axustes
e
Conexión
>
Paquetes datos
.
O seu dispositivo admite conexións de paquetes de
datos, coma GPRS, na rede GSM. Cando usa o seu
dispositivo en redes GSM e UMTS, é posible manter
activas ao mesmo tempo varias conexións de paquetes
de datos. Os puntos de acceso poden compartir unha
conexión de datos e as conexións de datos mantéñense
activas, por exemplo, durante as chamadas de voz.
Para definir os axustes dos paquetes de datos,
seleccione
Conexión paquetes datos
e
Se está
dispoñible
para rexistrar o dispositivo na rede de
paquetes de datos ao acender o dispositivo nunca rede
soportada, ou
Se cómpre
para rexistrar o dispositivo
nunha rede de paquetes de datos soamente ando unha
aplicación ou acción trate de establecer unha conexión
de paquetes de datos. Este axuste afecta a todos os
puntos de acceso para conexións de paquetes de datos.
Seleccione
Punto de acceso
e introduza o nome do
punto de acceso subministrado polo seu fornecedor de
servizos para usar o dispositivo como un módem de
paquetes de datos para o seu ordenador. Para usar
unha conexión de alta velocidade, seleccione
Acceso
paq. alta velocid.
>
Activado
.