
Axustes
Seleccione
Menú
>
Panel de control
>
Axustes
.
Pode definir e modificar varios axustes do seu
dispositivo. A modificación destes axustes afecta ao
funcionamento do seu dispositivo en varias
aplicacións.
Algúns axustes poden estar preaxustados para o
dispositivo ou pode que o seu fornecedor de servizos
llos envíe nunha mensaxe especial. Quizais non teña a
posibilidade de cambiar estes axustes.
Seleccione o axuste que desexe editar para facer o
seguinte:
• Cambie entre dous valores, coma acendido ou
apagado.
• Seleccione un valor dunha lista.
• Abrir un editor de texto para introducir un valor.
• Abrir unha guía de desprazamento e moverse á
esquerda ou á dereita para axustar un valor.