
As actualizacións de software poden incluír funcións
novas e melloradas que non estaban dispoñibles cando
22
Axud
a

mercou o dispositivo. A actualización de software pode
tamén mellorar o rendemento do dispositivo.
Nokia Software Updater é unha aplicación para PC que
lle permite actualizar o software do seu dispositivo.
Para poder actualizar o software do seu dispositivo,
necesita un ordenador compatible, acceso a internet
de banda ancha e un cable USB compatible para
conectar o dispositivo ao ordenador.
Para obter máis información, comprobe os
comunicados de prensa sobre as últimas versións de
software; para descargar a aplicación Nokia Software
Updater, visite www.nokia.com/softwareupdate ou a
web local de Nokia.
Para actualizar o software do dispositivo, leve a cabo
o seguinte:
1. Descargue e instale a aplicación Nokia Software
Updater no seu ordenador.
2. Conecte o seu dispositivo ao ordenador mediante
un cable USB e abra a aplicación Nokia Software
Updater. A aplicación Nokia Software Updater
informaralle de como facer copias de seguridade
dos seus ficheiros, actualizar o software e restaurar
os seus ficheiros.